Abre ArtVerín con obras de 24 artistas da comarca |
|
|
|
Xoves, 07 Abril 2011 10:11 |
A Casa do Escudo de Verín acolle por terceiro ano consecutivo ArtVerín, exposición de artes plásticas na que participan vinte e catro artistas da nosa comarca. A mostra inaugurase o venres día 8, e clausurarase o día 23 de abril, sábado de Paixón. No acto inaugural, que comezará ás 19 horas, está prevista a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e entre os convidados figuran os membros dos grupos políticos municipais verinenses, e as persoas vinculadas ás artes plásticas na comarca.
|
Ler máis...
|
Resultados da 1ª Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo' |
|
|
|
Martes, 05 Abril 2011 12:52 |
O Concello de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas organizou a 1ª Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’, conformada por catro probas con traxectos que oscilaron entre os 700 metros e 15 quilómetros. As probas realizadas, nas que participaron un total de 816 deportistas, foron as seguintes:
|
Ler máis...
|
Martes, 05 Abril 2011 11:25 |
O próximo sábado 9 de abril, o recinto da Lonxa Agropecuaria de Verín acollerá unha exposición de cans de caza, desde as 10 ás 14 horas.
|
Ler máis...
|
Alumnos lituanos e italianos visitan a Eurocidade Chaves-Verín dentro programa educativo Comenius |
|
|
|
Luns, 04 Abril 2011 12:46 |

Desde o 4 ao 8 de abril, vintecatro alumnos do Istituto Tecnico Industriale 'E. Fermi' de Barletta (Italia) e Plunge Senamiescio Secondary School de Plunge (Lituania), acompañados de profesores, once estudantes do IES García Barbón e educadores do mesmo centro visitan a Eurocidade Chaves-Verín, para clausurar o proxecto 'Explorando a Similitude e Diferencia', enmarcado dentro do programa educativo Comenius.
|
Ler máis...
|
Corte de tráfico con motivo da 1ª Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo' |
|
|
|
Venres, 01 Abril 2011 10:29 |
O vindeiro día 3 de abril de 2011, o Concello de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas organizan 1ª Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’, que pasará polas rúas Irmáns Moreno, Espido e Manuel Taboada Cid.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 871 872 873 874 875 876 877 878 879 880 Seguinte > Final >>
|
Páxina 872 de 996 |