Feces de Abaixo – Verín, nova liña do NoiteBús |
|
|
|
Martes, 01 Decembro 2009 10:46 |
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración co Concello de Verín, pon en marcha unha nova liña do NoiteBús entre as localidades de Feces de Abaixo e Verín. Esta ruta efectuará paradas nas localidades de Feces de Abaixo, Tamaguelos, Tamagos, Queizás e Verín, e os horarios de saída son ás 22 e 24 horas (desde Feces de Abaixo) e os de retorno ás 23 e 6.30 horas (desde Verín).
|
Ler máis...
|
Exposición fotográfica ‘Terra + Auga + Aire = Vida’ |
|
|
|
Luns, 30 Novembro 2009 10:26 |
Desde o 1 ao 12 de decembro a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición itinerante de fotografía ‘Terra + Auga + Aire = Vida. Noso compromiso coa natureza’.
|
Ler máis...
|
O Concello de Verín e AEVER asinan o convenio ‘Ludonadal’ para incentivar o comercio tradicional durante o Nadal |
|
|
|
Venres, 27 Novembro 2009 13:23 |
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, asinaron por segundo consecutivo o convenio de colaboración ‘Ludonadal’.
|
Ler máis...
|
‘O mundo en galego’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Venres, 27 Novembro 2009 13:19 |
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con OQO Editora y a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, programan entre os días 2 e 4 de decembro a campaña ‘O mundo en Galego’, co obxectivo de que os/as nenos/as coñezan a cultura, historia e costumes doutros lugares do planeta a través dos libros e en galego. |
Ler máis...
|
I Concurso de Fotografía Dixital da Rede de Telecentros ‘Chegou o Outono’ |
|
|
|
Mércores, 25 Novembro 2009 15:12 |
Co obxectivo de fomentar a creatividade no ámbito da fotografía, a Rede de Telecentros de Galicia organiza o I Concurso de Fotografía Dixital ‘Chegou o Outono’. O tema deste concurso é o outono, e nel poderán participar todas aquelas instantáneas nas que se reflicta calquera alusión a esta estación do ano. Devanditas fotografías teñen que ser inéditas e obtidas mediante cámara dixital e deben ser do Concello onde se participa, neste caso o de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 931 932 933 934 935 936 937 938 939 940 Seguinte > Final >>
|
Páxina 934 de 996 |